Presentación de APTAV na EISV

Presentación de APTAV na EISV

Con motivo da súa campaña de presentación pública, a recén creada Asociación de Profesionais Técnicos Ao Vivo (APTAV), desplazouse o pasado 27 de marzo á Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) para presentarse ante os estudantes.

Por parte de APTAV acudiron 4 membros da Xunta Directiva; mentres que os alumnos reunidos formaban parte dos diferentes ciclos de  que se imparten no centro. En concreto, asistiron á charla informativa os ciclos de Video Son DJ, Son para Audiovisuais, e Producción para Audiovisuais e Espectáculos; así como parte do profesorado do centro.

Os membros de APTAV presentaron a Asociación aos estudantes, os cales poden formar parte da mesma de forma gratuita durante o tempo que cursen os seus estudos. Ademáis, fixeron unha presentación da realidade do sector tanto en Galicia, coma no resto de España. Na mesma, os alumnos descubriron as inquedanzas e reivindaicacións dos profesionais no campo dos espectáculos e eventos ao vivo.  

                  Tanto os alumnos coma o profesorado, agradeceron que se lles mostrase a situación actual de man dos técnicos que están a traballar cada día neste campo; e acolleron de moi bo grado a iniciativa da Asociación e as súas demandas.

APTAV ten previsto continuar a súa presentación polo resto das Escolas de Imaxe e Son de Galicia durante a primavera. Asimesmo, está abrindo mesas de traballo e diálogo coa Administración e con diversas Asociacións de profesionais cas que os técnicos comparten entorno de traballos; co fin de dignificar a profesión e  mellorar a súa situación laboral.

http://www.eisv.es

Deixa unha resposta

Nome *
Enderezo electrónico *
Sitio web