Asociación

APTAV é unha asociación que nace coa pretensión de xuntar a todos os profesionais técnicos ao vivo; para lograr unha maior efectividade na promoción e na defensa dos seus intereses profesionáis comúns. Estas inquedanzas pretenden ir dunha vez máis aló das queixas persoais habituais; e facer visible un sector e a súa realidade.

Está aberta a todos aqueles traballadores que desenvolvan a súa labor profesional nas tarefas técnicas dedicadas ao mundo do espectáculo e os eventos en directo (técnicos de iluminación, son, vídeo, rexiduría, backline, rigging, montaxe de estructuras, ou persoal auxiliar); así como aos estudantes que cursen os seus estudos nesta dirección. Ten ámbito autonómico, aínda que se mantén en contacto con outras asociación do resto do estado. Forma parte tamén da Plataforma Estatal de Asociacións de Técnicos do Espectáculo (PEATE), plataforma que aglutina á maioría de asociacións e sindicatos de técnicos de España.

APTAV ten como fin visibilizar e dignificar a profesión técnica; así como acadar melloras relacionadas coas condicións de traballo, a conciliación laboral ou a igualdade de xénero real e efectiva. Pretende traballar a reo ata desterrar a imaxe do técnico ou técnica comendo e ceando o “bocata” no seu posto de traballo, ou a famosa frase de: “1/2 xornada: 12 horas” que tantas veces se escoita en conversas entre compañeiros.

Dispón de asesoría legal para os seus asociados, que a poderán empregar para resolver as súas dúbidas de ámbito profesional. APTAV ten claro que a formación e a especialización son fundamentáis para o desenvolvemento profesional dos seus asociados. Por isto, se ofrece a colaborar activamente cos centros de estudos, así como a promover xornadas e cursos de formación específicos dentro do territorio galego.

Asimesmo, pretende convertirse nunha voz representativa dos traballadores e traballadoras do sector, co fin de colaborar na mellora das condicións laboráis e profesionais. Un dos obxectivos de APTAV é promover a creación dun sindicato galego de técnicos, que poida participar na actualización do convenio colectivo existente. Para este fin promoverá comunicación con outras asociacións, promotores culturáis, escolas, institucións públicas e privadas, e medios de comunicación; para que a realidade deste sector sexa coñecida e respetada “máis aló da barreira”. A invisibilidade é un serio problema do noso traballo.

Ademáis de todo isto, APTAV velará polos dereitos dos seus asociados, perseguindo e denunciando condicións de traballo abusivas que aínda hoxe se sufren máis a miudo do que nos gustaría. APTAV nace dos técnicos para os técnicos; porque nos gusta o noso traballo, e pretendemos conservalo e melloralo.