APTAV

Tras anos de laios persoais, preto dun cento de profesionais, damos un paso á fronte, e creamos a APTAV, a primeira asociación de profesionais técnicos de eventos ao vivo. Dos profesionais técnicos para os profesionais técnicos, perseguindo e denunciando as condicións de traballo abusivas, promovendo e defendendo os intereses de todas e todos.

Concertos, festivais, eventos, espectáculos en xeral… practicamente ningunha manifestación cultural tal e como as vivimos hoxe, sería posible sen o noso desempeño.